RSS

Tarefa 1: "Crea o teu propio Blog"

O primeiro que terás que facer e crear un blog. Para elo podes usar a páxina web www.blogger.com ou algunha outra que ti coñezas e que dé aloxamento a diferentes blogs.

Recorda que previamente é necesario que teñas unha conta de correo electrónico e has de pensar o nome que lle queres poñer o teu Blog, así como elixir o deseño que máis te guste para o mesmo. Ten en conta que o longo do curso realizarás diferentes tarefas no módulo de FOL que has de "colgar" no teu propio Blog.
Unha vez creado tes que ter en conta o seguinte:1.- As aportacións ou "entradas" non poden ser demasiado longas e deben ter un tamaño máximo dunha páxina.

2.- Teñen que estar redactadas de forma persoal, e en caso de que se utilice bibliografía dalgunha outra páxina sempre hai que citar a mesma.

3.- Debe haber unha foto ou imaxe na maioría das entradas, relacionada co artigo en cuestión.

4.- Este blog está pensado únicamente para o módulo de FOL, polo tanto non pode haber contidos doutros módulos.

5.- Tedes que crear como mínimo tres etiquetas, e para cada unha das entradas que creedes ao longo do curso teredes que poñerlle algún dos seguintes nomes: "Lexislación Laboral", "Orientación Laboral" ou "Seguridade e Hixiene".

6.- Na pestaña "Diseño" do Panel de Edición teredes que cambiar o nome "Etiquetas" por "Categorías" e en caso de non ter o gadget Etiquetas pois incluílo. Hai que engadir polo menos tres gadgets: o de "categorías", un con enlaces os blogs dos vosos compañeiros/as e tamén o do profesor, e outro libre dentro da oferta de gadgets de blogspot.

E isto é todo polo momento. Os deixo un video onde se explica o proceso de creación dun blog:




  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS