RSS

Tarefa 2: As túas primeiras entradas do Blog

Ao longo do primeiro trimestre do curso buscaches información sobre como atopar traballo e fixeches un resumo coas formas de buscar emprego. Agora tratase de que estrees o teu blog creando a tua primeira entrada no mesmo e subindo un resumo de ese traballo.

Recorda que has de engadir unha imaxe ao artigo e que debes de incluir como etiqueta "Orientación Laboral".


A continuación tes que crear outras dúas entradas novas nesta sección de "Orientación Laboral". A primerira ha de tratar sobre o "Currículum Vitae" e a segunda sobre a "Carta de Presentación".

Se queredes subir algún documento ao voso blog podédelo facer de múltiples formas. A continuación deixovos un manual no que o explican bastante ben:

Como inserir arquivos de word nun blog?

SEGUNDA PARTE: Reflexiona sobre os teus intereses e preferencias

Ten en conta que antes de elaborar o "itinerario educativo-profesional" é necesario reflexionar sobre os intereses, actitudes e aptitudes de cada un. Por eso deberías reservar un momento do teu tempo para cubrir algún cuestionario de intereses profesionais e reflexionar sobre as tuas aptitudes. Esto pode axudarche a descubrir se en realidade esa é a túa verdadeira vocación. Preme nos seguintes nomes co rato e abriranse dous cuestionarios:

CUESTIONARIO DE INTERESES PROFESIONAIS (ficheiro folla de cálculo EXCEL)

ESCALA DE APTITUDES (ficheiro folla de cálculo EXCEL)

Cando remates de cubrir estes dous cuestionarios obterás unha axuda para descubrir cales son os teus intereses profesionais.

Por último, se tes tempo podes ver un video sobre como afrontar unha entrevista persoal, que é a última criba dun proceso de selección de persoal:

http://www.edu.xunta.es/fp/orientacion/entrevista.htm

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS