O Sr. Mario Montes é propietario dunha escola deportiva, na que traballan ademais del e a sua esposa, 4 empregrados con contrato indefinido e a xornada completa. Dispón de 2 ordenadores que adquiriu fai dous anos por un importe de 1100 euros cada un, comprou un vehículo de 12 CVF o 1/07/08 por un valor de 19.800 euros e o local de 300 m2 adquirido fai 6 anos valorado en 120.000 euros .
Sabendo que está acollido ao réxime de estimación obxectiva, como pode preverse o rendemento da súa actividade no ano 2009?. Nestes momentos o Sr. Montes non se acorda en cal destes 3 epígrafes do IAE está encadrada a súa actividade: 967.1, 967.2 ou 968.1
O traballo consiste en crear unha nova entrada no voso blog na que expliquedes:
1.- Cales son os títulos exactos das actividades correspondentes a eses 3 epígrafes do I.A.E..
2.- Axuda o Sr. Mario facendo unha estimación do rendemento neto da actividade a incluir na súa declaración do IRPF do ano 2009.
3.- Cando deberá presentar a declaración?. En que momento deberá efectuar os pagos fraccionados do I.R.P.F e de que cantidade?. Que modelo debe cubrir e onde pode atopalo?.
Pistas: Busca na páxina http://www.aeat.es/ ou utilizando http://www.google.es/ as contías ou os módulos establecidos para esta actividade, asi como o epígrafe do IAE que lle corresponde. Ademais no BOE do 29 de novembro de 2008 se publica a orde pola que se desarrolla para o ano 2009 o método de estimación obxectiva do I.R.P.F.
EXEMPLOS DE FACTORES DE RISCO LABORAIS
Hace 15 años