RSS

Consultas e averiguacións sobre Impostos

Xoán ten algunhas dúbidas relativas ao pago de impostos da súa empresa "DeporXan S.L." e ti terás que axudalo e solventar os seus problemas:


1.- "DeporXan S.L." adquiriu un turismo de 13 cabalos fiscais. Pescuda cal é a cota tributaria que deberá aboar en Monforte de Lemos (domicilio social da empresa) polo Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

Pista: Podes usar www.google.es para buscar información sobre a ordenanza correspondente e despois ler o texto da mesma na páxina onde se publican os Boletíns Oficiais da Provincia de Lugo.

2.- "DeporXan S.L." no ano 2008 tivo uns beneficios antes de impostos de 35.000 euros. Non obstante, no momento de calcular o importe a pagar do Imposte de Sociedades xórdenlle 3 dúbidas:

  • Repartiu entre diversos clientes da empresa participacións de lotería para o sorteo de Nadal, por un importe de 1.000 euros.
  • Contabilizouse como gasto unha multa de tráfico por valor de 200 euros.
  • Patrocina ao equipo de voleibol da vila, o que supón diversos gastos para a empresa (compra de roupa deportiva, chándales, pago dos gastos de transporte...). Todos estes gastos foron incluídos na contabilidade da empresa do exercicio 2008 e ascenderon a un importe de 800 euros.

E Xoán pregúntase: Son admisibles estes gastos desde o punto de vista fiscal e cal sería a base impoñible do Imposto de Sociedades?.

Pista: Acode a páxina web www.aeat.es e utiliza a sección "Preguntas más frecuentes (INFORMA)" para buscar información sobre se son deducibles eses gastos.


Recordade que o voso traballo consiste en  crear unha  nova entrada no voso blog comentando de forma moi detallada a solución as dúbidas que ten Xoán. E tede en conta que a  esta entrada hai que porlle a etiqueta "Organización e Xestión"

Sorte na vosa búsqueda....

  • Digg
  • Del.icio.us
  • StumbleUpon
  • Reddit
  • RSS